XA TEMOS NOVAS LECTURAS PARA O CLUB!!!

Neste mes os membros do Club de lectura "Merlín e amigos" escollemos dúas novas lecturas .
A primeira para o grupo A : TRECE ANOS DE BLANCA de Agustín Fernández Paz
A segunda para o grupo B: CUMBRES BORRASCOSAS de Emily Bronte
Aí vai unha pequena reseña de cada un deles!!!

Cumbres borrascosas de Emily Brontë
A poderosa e hosca figura de Heathcliff domina Cumbres Borrascosas, novela apaixonada e tempestuosa cuxa sensibilidade adiantouse ao seu tempo. Os brumosos e sombríos páramos de Yorkshire son o singular escenario onde se desenvolve con forza arrebatadora esta historia de vinganza e odio, de paixóns desatadas e amores desesperados que van máis aló da morte e que fan dela unha das obras máis singulares e atractivas de todos os tempos



Trece anos de Blanca. Agustín Fernández Paz
Branca está enferma con hepatite. Desde fai nove días garda cama e obrigárona a facer repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. ¡Unha eternidade! Encima tócalle pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e a súa nai proponlle que o complete para non aburrirse.

Tamén neste mes decidimos coordinar mellor as nosas xuntanzas, que serán sempre os luns (cada 15 días). Recordade que este luns día 9 temos xuntanza con grupo A: 1º e 3º da ESO e para o luns que ven (día 16) co grupo B.

Os libros todavía non os temos na Biblioteca, pero contamos con que cheguen nesta semana. Todos os avisos ao club colgaranse no Blogue e expoñeranse tamén no tabuleiro que temos para os nosos anucios ao lado da Biblioteca.
Só me queda animarvos a que leades moito e a que vos guste máis!!!

Por certo, este blogue pretende ser a vosa casa, así que estaría ben que comentárades algunhas das vosas ideas, propostas ou opinións nel.

Comentarios

  1. Estaré aquí dando la lata siempre que se me pase algo relacionado por la cabeza ;) Y avisaré a mis amigas amigas de los libros de la existencia de esta página.
    Saludos!

    ResponderEliminar
  2. Gracias Belén!! Tes a honra de ser a primeira persoa que fai algún comentario neste ano!!!
    Prometo que atenderei a todas as suxerencias ou propostas que aparezan no blogue!

    ResponderEliminar
  3. Boas!
    Alégrome moito de que vaiades ler Cumbres borrascosas, que é un dos meus libros favoritos. Na mesma temática e polo mesmo estilo aconséllovos "As mágoas do mozo Werther", de Goethe, que acabo de ler.
    Por certo que vos supoño a todos enterados de que hai película de Cumbres Borrascosas. Podédeslle botar un ollo neste enderezo:
    http://www.youtube.com/watch?v=iqx4rjeCux8
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias pola túas suxerencias. De feito temos como proposta facer un cine forum de Cumbres Borrascosas, despois de ler o libro, e sempre que os membros do club queiran QUE SON OS QUE MANDAN!

    ResponderEliminar
  5. A mí personalmente me parecería bien tener la oportunidad de ver la película en grupo tanto para apreciar el cine en sí, que me resulta algo casi tan gozoso como la lectura como para poder comentar el famoso tema de la adaptación.

    ResponderEliminar
  6. Belén tes que perdoarme!! Cando hoxe vin o teu comentario, fíxome tanta ilusión que non sabía que xa eras unha comentarista asidua a este blogue!!! De novo moitas grazas por terte animado!! A ver se cunde o exemplo!!

    ResponderEliminar
  7. Jajaja, no te preocupes Marta, porque todos los comentarios que viste anteriores... los puse también ayer ;) Hoy no fui a clase así que no hablé con nadie, pero mañana comentaré por clase.

    ResponderEliminar
  8. Ola! Norabao pola posta en marcha do club de lectura, que saian á luz toda esas ideas fantásticas da xentiña do wirtz!Estou dacordo co "preste" en que a lectura de Cumbres borrascosas é unha moi boa elección. Será un libro que vos apaixoará. Para quen queira mergullarse algo máis no universo das Brönte, aí está tamén Jane Eyre. Saúdos!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares