NESTE MES LEMOS....

Ola de novo a todos os membros do club. COmo xa estivestes na reunión do luns, esto non será nada novo para vos , pero é para ir abrindo boca!!

Deíxovos unha pequena sinopse dos títulos que eliximos:

SANGUE SOBRE A NEVE. Manuel Forcadela

Un coñecido industrial aparece asasinado na praia de Alcabre deixando unha cuantiosa débeda. Toni Barreiro, un ex-boxeador que malvive realizando cobros de morosos, é contratado para tentar a recuperación dos cartos. Como resultado das súas pesquisas só consegue pór en perigo a súa propia vida. Pero Toni non é un home que se deixe vencer facilmente. Contará coa axuda de Elvis, un vello e inseparable amigo, e de Patricia, unha muller atractiva, misteriosa. Como fondo, un Vigo portuario e invernal dando cabida aos lances da paixón e o crime.

A CLASE. François Bègaudeau

“Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.” Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008

Comentarios

  1. Yo aún no pude empezarlo, supongo que me meteré en él este fin de semana. Laura ya lleva leídas casi 100 páginas y no le está gustando demasiado... dice que no es mucho de nuestro estilo, a ver que sale.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Xa!! Era o que eu dicía. É que máis que unha historia son anacos onde vai contando algúns dos episodios que lle ocurren na clase, ou con outros compañeiros... Bueno de todos os xeitos ten cousas interesantes para comentar!!!
    Por certo, non é precisamente un modelo de profe!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares