ENTROIDO 2013

                O entroido é o noso protagonista durante os tempos de lecer nesta semana de febreiro. Moitos dos nosos alumnos achéganse estes días á biblio para participar nas actividades de carnaval, Onte, martes, acudiron con sabrosísimas receitas de postres e comídas típicas destas datas. Seica moitas  avoíñas fixeron estes días de profes de cociña para que a rapazada poidese participar no concurso. Hoxe tocoulle o turno as gafas curiosas e divertidas, nalgún caso monóculos, e bigodes improvisados. Mañá dedicarémoslle un espacio especial ós apropósitos. Remataremos o venres coa festa grande de disfraces, que celebraremos na biblioteca durante o recreo. Faremos tamén o sorteo entre todas as rifas que estamos repartindo e entregaremos os agasallos aos afortunados. Tamén queremos destacar a estupenda colaboración do alumnado de 1º B que adornaron os andeis dos libros cos antefaces elaborados por eles mesmos.
Alumnas e alumnos de 1ºB
                                               FELIZ ANTROIDO A TODOS E TODAS!

Comentarios

Publicacións populares