Novidades na Bibliowirtz



TATTOO - Santiago Paredes 



Unha gata crúzase por diante dun coello e o universo metafísico alíñase para que todas as iconas do rock & roll conflúan no delirio do amor máis duro e rebelde do barrio. Cando estas dúas almas converxen nunha tatuaxe, de estrañas cualidades, tan só resta bailar endiañadamente como unha bóla de billar perdida na xungla de asfalto, pois xa non hai fera no suburbio que free este instinto básico.



LICOR CAFÉ


O licor café, bebida fortemente vinculada a Galicia, é o leiv motiv para o desenrolo de trece historias curtas de estilo moi diverso, que como pequenos grolos, ofrecen unha rápida degustación do que están a facer na actualidade este refresco xeracional de creadores. O panorama creativo do cómic galego segue a medrar en cantidade e así o demostran esta selección de autores.


Comentarios

Publicacións populares