Dia da Ilustración 2020
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Unha data que sirve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Cándido Fernández Mazas, artista e escritor que, na súa curta vida, tivo unha producción prolífica que lle levou a colaborar coa revista Nós, da que celebramos o seu centenario, e coas Misións Pedagóxicas coas que colaborou con cartelería e decorados para o teatro de monicreques.
Nesta ocasión é a ilustradora Xulia Pisón a autora do cartel deste ano do que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas, astronómicas ...
Comentarios
Publicar un comentario