RECOMENDACIÓNS DE LECTURA DO MES DE ABRIL

Estas son as nosas suxerencias de lectura para este mes de abril. Todos os exemplares están na Biblioteca.Anímate a coller algún e danos a túa opinión.


AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Aire negro


Tres anos despois de ocorridos os feitos, un ex psiquiatra cóntanos unha experiencia estarrecedora coa súa primeira paciente






CARMEN MARTÍN GAITE
Caperucita en Manhattan


Recreación do conto de “Caperucita Roja”, adaptado á sociedade na que vivimos, cunha Carapuchiña que é unha nena de hoxe e que se move nun bosque moi diferente (Manhattan), e que se encontrará coas personaxes do famoso conto. Carapuchiña é un clásico da literatura sobre a iniciación á vida adulta, sobre os perigos aos que temos que facer fronte e a esixencia de facelo en liberdade e por nós mesmos




J.D. SALINGER
El guardián entre el centeno

Holden Caulfield sabe que vai ser expulsado do colexio, e decide deixalo antes. Pasa tres días na cidade de Nova York s conta a historia do que fixo e sufriu



FRED UHLMAN.

Reencontro
Hans é fillo dun médico xudeu e Konradin é un aristócrata descendente dunha das familias máis vellas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos. Pero cando Hitler chega ao poder, Konradin entra no exército nazi e Hans ten que marchar de Alemaña.




RICARDO GÓMEZ
O cazador de estrelas

Bachir é un neno enfermo que vive nun campamento de refuxiados saharauís. Debido á súa doenza está recluído nunha tenda e a súa familia coida del. Non sabe ler nin escribir e abúrrese cos libros de imaxes que lle leva súa irmá. Descobre que a través dos sons que lle chegan do exterior pode comprender de todo o que pasa no campamento. Entretense escoitando estas voces e imaxinando o que transcorre fóra da súa tenda. Unha noite escoita o ruído duns pasos e coñece un vello que lle vai contar a historia do seu pobo e a posibilidade de curarse da súa enfermidade.





JOSÉ LUIS SAMPEDRO
El mercado y la globalización

O autor cóntanos dunha maneira sinxela os principios fundamentais da economía e o impacto que ten no noso mundo a chamada globalización. É moi fácil de ler e ten boas ilustracións

Comentarios

  1. Bravo polo Vixía no Centeo! Todos quereríamos latar a clase coa mesma elegancia que Holden Caulfield e chorar pola rapaza máis amada no campo de fútbol americano...
    Déixovos aquí unha páxina con algún fragmentohttp://www.epdlp.com/escritor.php?id=2261
    e outra máis con todo Salinger (ollo que está en inglés)
    www.salinger.org
    A ler!

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias polo teu comentario!!!
    Aceptamos tamén as túas recomendacións de lectura!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares