Primavera poética
O venres 27 de abril, invitamos ó alumnado e ó profesorado a participar nunca lectura poética durante o recreo. Cadaquén podía participar lendo poemas da súa propia autoría ou poemas favoritos. O alumnado escolleu ler poemas feitos por eles mesmos O resultado foi bastante positivo, xa que participaron alumnos e alumnas de distintos cursos e niveis e tamén profes de diferentes materias: Matemáticas, Educación Física, Galego, Castelán, Xeografía e Hª, Francés e Ciencias. Ademáis contamos coa intervención da xefa de estudios e do director, que leron cadanseus poemas!!
Comentarios
Publicar un comentario