25N As irmáns Mirabal

A nosa compañeira Cris Asensio comparte connosco neste 25 N a impactante e dura historia das irmáns Mirabal

#conNomedeMuller 

“Quedei viva para contarlles a historia”

Esta é a resposta de Adela Mirabal Reyes ( Salcedo, República Dominicana, 1 de marzo de 1925- 1 de febreiro de 2014), cando lle preguntaban por que non a mataron a ela tamén. Adela a única das catro irmás Mirabal que sobreviviu á matanza encargada polo ditador dominicano Rafael  Leónidas Trujillo ó Servicio de Intelixencia Militar. En 1960 Patria, Minerva e María Teresa perderon a vida, xunto ó seu conductor, nas proximidades de Puerto Plata (República Dominicana). Adela no seu libro “Vivas en su jardín” relata o drama que lles custou a vida. Elas eran activistas opositoras ó rexime ditatorial de Trujillo e dentro do seu grupo Agrupación política 14 de xuño, eran coñecidas co nome de As Mariposas.  Foron  detidas, torturadas, violadas en varias ocasións e finalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960. A súa irmá fundou e dirixiu o Museo Hermanas Mirabal ata a súa morte en 2014, dedicado a preservar a memoria das tres mulleres. Este crime causou unha fonda conmoción no pobo, concienciando á sociedade frente ó ditador. Finalmente este foi asesinado en 1961.
En 1981 tivo lugar en Bogotá (Colombia), o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe e nesta xuntanza decidiuse sinalar o 25 de novembro como o día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres en memoria das tres irmás Mirabal. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas asumiu esta data no ano 1999, convocando a gobernos e organizacións non gubernamentais a realizar accións para sensibilizar á opinión pública sobre o problema da violencia contra das mulleres.

A novela titulada En el tiempo de las mariposas é unha obra escrita pola escritora de orixe dominicana Julia Álvarez ( New York, 1950) sobre as irmás Mirabal. O libro foi publicado en 1994. A historia das Mirabal tamén foi levada ó cine, ó teatro e mais á televisión como mesmo título.


https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_de_la_Eliminaci%C3%B3n_de_la_Violencia_contra_la_Mujer

http://casamuseohermanasmirabal.com/



Comentarios

Publicacións populares