23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO
Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro, unha data para lembrar a importancia da lectura e pensar neses libros que nos emocionaron, que nos invitaron a soñar e viaxar a outros mundos ou épocas.
Se queredes saber os libros que marcaron aos profes do IES cando eran nenos, hai unha exposición no primeiro piso cunha foto do profe cando era pequeno e o libro elixido. Recoñécelos? Ou están moi cambiados? Durante esta semana podedes participar nun concurso para adiviñar quen é quen.
Aproveitamos tamén esta data para poñer en valor algunhas das actividades desenvoltas na biblioteca no que vai de curso e convidarvos a participar nelas.
Exposición “O comic”
Comentarios
Publicar un comentario