A festa das Letras Galegas
Este ano, 2025, o día das Letras Galegas, que se celebrará mañá 17 de Maio, quere render homenaxe a poesía popular, transmitida e representada na figura das cantareiras.
A través das súas cantigas e o soar das pandeiretas animaban as festas e os ratos de lecer nas tarefas de diarias.
As cantigas achégannos, e manteñen vivas, as nosas costumes e tradicións. Tamén axudaron a transmitir e conservar o idioma en tempos onde o uso do galego estaba prohibido.
É a segunda ocasión na que a Real Academia Galega realiza unha homenaxe colectiva; xa ocorrera en 1998 cando se dedicou aos trobadores e a poesía medieval.
A figura das cantareiras está representada, neste día das Letras Galegas, por Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
📍Na biblioteca podes atopar unha exposición para conmemorar este día tan especial.
📍E tamén no primeiro piso do IES.
Celebremos que ao son das ferreñas sigamos cantando! Vivan as nosas cantareiras!
Comentarios
Publicar un comentario