Maio, o mes das flores
Xa imos pola metade de maio, e este ano, como di o refrán, “En maio aínda a vella queima o tallo”. Tivemos algúns días de sol 😀, e tamén de auga 💦 e frío, como o de hoxe.
Este mes é coñecido tamén como o mes das flores e, en Galicia, está representado por unha tradición moi especial: a elaboración de adornos, esculturas e alfombras con elementos naturais, coñecida como Os Maios.
É inevitable lembrar o poema de Curros Enríquez, O Maio:
Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...
📌 Podes lelo completo no seu libro Aires da miña terra 📙ou escoitalo 🎧 cantado por Luis Emilio Batallán, que lle puxo música.
Se queres coñecer máis detalles sobre esta fermosa celebración, que nos deixa imaxes cheas de luz e cor, no catálogo da biblioteca podes atopar o libro:
📌 A festa dos Maios 📙, de Clodio González Pérez.
Comentarios
Publicar un comentario