25 de nov. de 2015

O IES F. WIRTZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

              
            BiblioWirtz promove hoxe actividades contra a violencia de xénero con grande éxito de participación entre alumnado de diferentes cursos de secundaria e bacharelato. 
Baixo o lema "As mans do IES Wirtz contra a violencia de xénero",
os participantes unen as súas mans contra a violencia.



UNE AS TÚAS MANS !!!






29 de out. de 2015

Nós dicimos Samaín

Para que o pasedes de medooo.
Lecturas terroríficas!!





 Feliz Samaín!
Ademais fixemos, como cada curso, a actividade de Formación de Usuarios!

21 de xuño de 2015

Unidos polas Letras

 Velaquí as propostas de lecturas para estas vacacións de verán do grupo lector "Unidos polas Letras de 2º ESO B

Unidos polas Letras
Poe, el gato negro y otros cuentos, especialmente “El gato negro”, es la recomendación de Fidel. Cristina propón El mejor Manolo de Elvira Lindo. Malena tráenos Bajo la misma estrella de John Green e Sara o seu flamante After de Anna Todd. Hai quen se atreve coa poesía, como Marta que propón Cantares Gallegos de Rosalía, marabillosa opción sempre! E non podían faltar as triloxías como La trilogía de Nueva York de Paul Auster que trae Camila ou películas como O Apóstolo, unha proposta de Andrea.
Suxerencias de Os Alcabaleiros (3ºA)
Leticia Costas, R. Caride Ogando, A. Fernánde Paz, F. Cimadevila e os comics de nova adquisición na Biblio:
O encanto da pedra chá e Castelao. O pobre tolo 

Buscando a Alaska ou Cidades de papel de John Green, Gohstgirl de Tonya Hurley, las novelas de Blue Jeans, de Federico Moccia o los libros de Stephen King
son outros dos nosos favoritos