24 de out. de 2019

LECTURAS ARREPIANTES PARA O SAMAÍN

LECTURAS ARREPIANTES por biblioteca Wirtz

Celebramos o día das bibliotecas

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas da mellor maneira, agasallando aos nosos Bibliotecarios voluntarios do curso pasado! Esperamos ter moitas solicitudes neste curso. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NA NOSA BIBLIOTECA!

       

17 de out. de 2019

ALFIN NO FORUM: O TORNEO DOS TRES MEIGOS



Nesta semana comezamos unha actividade en colaboración coa Biblioteca do Forum metropolitano. O alumnado de 1º da ESO está a participar nunhas xornadas de formación ALFIN coa temática de Harry Potter. As primeiras sesións foron xeniais, e xa estamos listos para competir no TORNEO DOS TRES MEIGOS! QUE GAÑE O MELLOR!!!!


10 de out. de 2019

Días das escritoras

O vindeiro día 14 de Outubro celébrase  o Día das Escritoras, baixo o lema "Mulleres, amor e liberdade". Para conmemorar este día dende a nosa biblioteca queremos facer máis visible a obra das escritoras galegas e por iso deixamos unha mostra dalgúns dos libros que  podedes atopar nos nosos estantes. Animádevos a levalos !

Biblioteca escolar: viveiro da cidadanía

O lema das Bibliotecas Escolares neste curso 2019/20 será Biblioteca escolar: viveiro da cidadanía,  ilustrado por Óscar Villán.  A imaxe representa as múltiples situacións que a biblioteca pode facilitar aos seus usuarios.