26 de nov. de 2020

25N "Quedei viva para contarlles a historia"

A nosa compañeira Cris Asensio comparte connosco neste 25 N esta impactante e dura historia

#conNomedeMuller 

“Quedei viva para contarlles a historia”

Esta é a resposta de Adela Mirabal Reyes (Salcedo, República Dominicana, 1 de marzo de 1925- 1 de febreiro de 2014), cando lle preguntaban por que non a mataron a ela tamén. Adela sobreviviu á matanza encargada polo ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo ó Servicio de Intelixencia Militar. En 1960 Patria, Minerva e María Teresa perderon a vida, xunto ó seu conductor, nas proximidades de Puerto Plata (República Dominicana). Adela no seu libro “Vivas en su jardín” relata o drama que lles custou a vida ás súas irmás. Elas eran activistas opositoras ó rexime ditatorial de Trujillo e dentro do seu grupo Agrupación política 14 de xuño, eran coñecidas co nome de As Mariposas. Foron detidas, torturadas, violadas en varias ocasións e finalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960. A súa irmá fundou e dirixiu o Museo Hermanas Mirabal ata a súa morte en 2014, dedicado a preservar a memoria das tres mulleres. Este crime causou unha fonda conmoción no pobo, concienciando á sociedade frente ó ditador. Finalmente este foi asesinado en 1961.
En 1981 tivo lugar en Bogotá (Colombia), o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe e nesta xuntanza decidiuse sinalar o 25 de novembro como o día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres en memoria das tres irmás Mirabal. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas asumiu esta data no ano 1999, convocando a gobernos e organizacións non gubernamentais a realizar accións para sensibilizar á opinión pública sobre o problema da violencia contra das mulleres.
A novela titulada "En el tiempo de las mariposas" é obra da escritora de orixe dominicana Julia Álvarez ( New York, 1950) sobre as irmás Mirabal. O libro foi publicado en 1994. A historia das Mirabal tamén foi levada ó cine, ó teatro e mais á televisión como mesmo título.

23 de xuño de 2020

18 de xuño de 2020

13 de abr. de 2020

A fiestra dos libros

O vindeiro 23 de abril celébrase o Día do Libro e queremos pedirvos a vosa participación para conmemorar este día con nós. Aceptades o reto?
Nos días próximos teredes máis noticias... Estade atentos!!


5 de abr. de 2020

Curso de banda deseñada on line

Que tal para estes días de vacacións facer un curso de Banda deseñada?. Xosé Tomás ofrece un titorial on line en aberto que irá saíndo no Youtube. Animádevos!!!


27 de mar. de 2020

Día mundial do Teatro

Hoxe no día mundial do Teatro deixamos algúns enlaces para desfrutar dende a casa!
Una vida sin amor es como un año sin verano. de biblioteca Wirtz

16 de mar. de 2020

Recomendacións literarias para pasar mellor este días !

A Editorial KARRAS  ofrece grátis o seu catálogo de cómics  ata o día 30 de marzo.
"Si en casa te has de quedar, nuestros cómics puedes pillar"



28 de xan. de 2020

Dia da Ilustración 2020



Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Unha data que sirve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Cándido Fernández Mazas, artista e escritor que, na súa curta vida, tivo unha producción prolífica que lle levou a colaborar coa revista Nós, da que celebramos o seu centenario, e coas Misións Pedagóxicas coas que colaborou con cartelería e decorados para o teatro de monicreques.

Nesta ocasión é  a ilustradora Xulia Pisón  a  autora do cartel deste ano do que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas, astronómicas ...

27 de xan. de 2020

PARTICIPA NO ENTROIDO HARRY POTTER!!

Neste ano celebramos un ENTROIDO HARRYPOTTIANO!:
Haberá unha XINCANA para o alumnado de 1º e 2º da ESO e un concurso ao mellor disfraz para todo o alumnado do centro. Anímate  PARTICIPAR!!
QUIBBLER por biblioteca Wirtz