23 dic. 2017

Boas festas a tod@s!!!

unique fun Things to Do on New Year's Eve de Marta Iglesias

Polo Nadal: Teatro na Bibliowirtz

O alumnado de 3º ESO A representaron na Biblioteca "A noite da raíña Berenguela" de Xosé A. Neira Cruz. E fixeronno moi, pero que moi ben. Noraboa rapaces!!
Collage de fotos – Diseño sin título de Marta Iglesias

13 dic. 2017

Guía de usuarios

Para non perderse nada da Biblioteca aí vai a guía de usuarios deste curso
bibliowirtz by Marta Iglesias

Temos nova CDU!

Levabamos un tempo querendo personalizar a nosa CDU e por fin velaquí está. A idea partíu de entender a Bibliowirtz como o SOL do noso "sistema escolar", ao redor do que orbitan os diferentes planetas (materias). Esperamos que vos guste!
CDU BIBLIOWIRTZ by Marta Iglesias

9 dic. 2017

Procura documental

Desde a biblioteca do CEIP Canosa-Rus, de Coristanco (A Coruña) chéganos esta infografía que describe moi ben o proceso dun traballo de busca documental .


Como identificar noticias falsas

A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias