18/05/2018

Celebrando o día das letras galegas

Comezamos este día de celebración, coa conferencia de Manuel Agra Villar, para o alumnado de 1º da ESO:
 "MARÍA VICTORIA MORENO, COMPROMISO COA LITERATURA, CON GALICIA E COA VIDA"

08/05/2018

Letras galegas 2018



María Victoria Moreno, foi a autora elixida nesta ano pola Real Academia Galega, para dedicarlle o Día das Letras Galegas.

Deixámosvos algúns dos recursos que podedes utilizar para achegarvos un chisco máis a ela e a súa obra.




04/05/2018

Correlingua 2018

Quentando motores e dispostos a saír!! Así está xa o noso alumnado de 1º de ESO.
 Mirade que bonitura de carteis!

 A LINGUA NON PARA!























Materiais elaborados polo alumnado de 1º da ESO, o Departamento de Plástica e o EDLG

12/04/2018

Photocall literario

Día do libro de Marta Iglesias

Troco de libros

Troco de libros de Marta Iglesias

...

MINERAIS de Marta Iglesias

Obradoiro poético POESÍA+GRAFFITI


A poeta DORES TEMBRÁS aborda a relación entre o poético e o graffiti, a partir da análise de pintadas nas rúas de corte poético

A cita será o vindeiro mércores día 18 de Abril.
APÚNTATE XA!! O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA MAÑÁ




Inscrición en  dinamizalingua@fernandowirtz.com. ENDL

21/02/2018

A vida de Rosalía en hologramas

O alumnado do ciclo de sistemas microinformáticos, colaborou conosco nesta ocasión, facendo posible unha representación virtual en 3D, da biografía de Rosalía no seu 181 Aniversario.

Rosalía de Castro de Marta Iglesias

17/01/2018

Visita á Biblioteca Pública González Garcés

Un novo ano, o alumnado de 1º da ESO visitou unha das Bibliotecas Públicas da nosa cidade A BP Miguel González Garcés. Esta experiencia é moi gratificante, posto que serve para reforzar a formación de usuarios fora do centro educativo e dar a coñecer  a  posibilidade de aproveitar os recursos que lles ofrece a nosa contorna