Día das letras galegas: concurso literario

Convócase o CONCURSO LITERARIO ANUAL do IES Fernando Wirtz con motivo do Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escrito e estudoso Xosé María Álvarez Blázquez.

1. Haberá dúas categorías:
a) Para alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO
b) Para alumnos de 4º de ESO, ESA, Bacharelato e Ciclos.

2. Cada autor presentará só un texto en prosa ou verso, orixinal, en lingua galega e de tema e extensión libre.

3. Os orixinais entregaranse antes do mércores 30 de abril a calquera profesora de galego. Os textos irán en sobre pechado, no que se indicará o lema e a categoría, contendo no interior, e noutro sobre, os datos do autor: nome e curso.

4. Para cada categoría e cada xénero haberá un primeiro premio dotado con 50€, e un segundo dotado con 20€.

5. Un tribunal composto polo profesorado de galego emitirá o fallo, que será público durante os actos de celebración do Día das Letras Galegas. Os textos gañadores serán publicados no número de maio de O Voceiro

Comentarios

  1. Que linda está la página!!
    por fin el instituto se moderniza!!
    si es que está todo últimamente muy organizado y lleno de colores!!
    el hall lleno de información por el día del libro,de las letras gallegas, o por el día de las matemáticas o por lo que toque...
    Los profes se lo curran más este año!!
    así da hasta gusto ir al clases jaja
    bueno, pues eso,
    ahora me toca leerme los post anteriores,
    aunque, he de decir, que el pasillo del instituto de 3º y 4º está mucho más decorado que el mío, de bachillerato, arriba en el último piso, marginados...aveces se acuerdan de poner algún anuncio o algo, pero bue... mi pasillo tan soso y el otro tan colorido...que cuando pasó por ahí me entra ganas de estar siempre por allí y leerme todo!!
    uy que me enrollo, pues eso, felicidades por la página!! :D

    ResponderEliminar
  2. Suscribo completamente as palabras de fer pouso, iso antes de nada.
    Para seguir quería felicitar a Alberto, Amar, Antía e Marieta, que sempre foron uns fenómenos e ségueno a ser. Tamén é bastante mala idea a do blogmaster que pon a foto deles e CÓRTALLES A CABEZA! Se non, mirade a entrada seguinte...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares