NESTE MES BANDA DESEÑADA

Ola a todos de novo!! Neste mes o noso club de lectura decidiu darlle unha volta á Banda Deseñada. Eliximos varios títulos que están á vosa disposición na Biblioteca. Neste mes teñen preferencia para levalos os membros do Club de Lectura, pero estarán dispoñibles para todos a partir do mes que ven. Deixovos unha pequena sinopse de cada un para que vos animedes:

PERSÉPOLIS. Marjane Satrapi

Persépolis é a conmovedora historia dunha moza iraní desde a revolución islámica ata agora. A historia comeza cando os fundamentalistas toman o poder forzando ás mulleres a levar veo e encarcelando a miles de persoas. Con todo ela é moi astuta e descobre o punk, ABBA e a Iron Maiden mentres vive o terror da persecución do novo goberno e a guerra de Irán e Irak. Como adolescente envíana a Europa onde por fin pode comparar outras culturas co fundamentalismo relixioso do que escapou.
Deixovos uns enlaces por se vos interesa saber máis do libro e da peli:

http://www.persepolislapelicula.es/
http://www.guiadelcomic.com/comics/persepolis.htm






PEDRO Y YO. Autor: Judd Winick


1993. Judd Winick, un novo autor de cómic preséntase ao casting do programa The Real World, un reality show da MTV na que un grupo de persoas comparte unha casa durante seis meses. Judd é seleccionado para participar na terceira tempada do programa: Real World San Francisco. Á súa chegada fai amizade con Pedro Zamora, un mozo de 22 anos de orixe cubana, homosexual e seropositivo desde os 17 anos.




AYA DE YOPOUGON.


Autor: Marguerite Abouet, Clément Oubrerie


A historia, ambientada na Costa de Marfil dos anos 70, ten como protagonistas a tres rapazas adolescentes e xira en torno ás cuestións proprias desa idade: as relacións sentimentais, a apertura á idade adulta, a asunción de responsabilidades e a preparación para o futuro.



V DE VENDETTA

Autores: Alan Moore (guión) y David Lloyd (dibujo
)


Ciencia-ficción e intriga
Estamos no ano 1997. finalizou a III Guerra Mundial. Inglaterra converteuse nun estado fascista. Nestes tempos de desesperación e escuridade, aparece un misterioso individuo que se fai chamar "V" e que ataca aos intereses e axentes do estado, creando o caos. Pero, ¿Quen é "V"? ¿Por que busca vinganza?

MAUS. Art Spiegelman

Maus é unha autobiografía na que Art Spiegelman relata a historia do seu pai Vladek, un sobrevivente de Auschwitz. Realiza tamén un retrato do seu pai na actualidade, no momento en que o entrevista para que lle transmita as súas lembranzas da guerra, e da súa tensa relación con el. Vai máis alá do Holocausto, internándose na psicoloxía do pai, na sombra dunha nai suicida e na pantasma dun irmán ao que nunca coñeceu. Como característica formal cómpre salientar que as personaxes amosan trazos faciais de animais, recurso que Spiegelman emprega con fins narrativos. Deste xeito representa aos xudeus como ratos e aos nazis como gatos.


CORALINE. Neil Gaiman

Coraline chega a unha casa descoñecida, un edificio moi antigo: tiña un faiado debaixo do tellado, un soto ao que se accedía desde a planta baixa e un xardín cuberto de vexetación cheo de vellas árbores de gran tamaño.

Unha vez alí, Coraline coñecerá aos seus estraños veciños, un peculiar gato e unha porta que parece que non conduce a ningún sitio. Algo demasiado intrigante para unha nena esperta como ela que lle levará a descubrir que hai máis dun mundo, non só o que vemos, e que as cousas son moito máis do que parecen a primeira ollada.

ESPERO QUE VOS GUSTEN!!!!

Comentarios

  1. Yo ayer me leí Coraline (lo acabe en una tarde, tal como dijiste) y me gustó mucho, ya se lo dejé a Laura, a ver qué dice ella. Ahora empezaré con V de Vendetta y si dices que Persépolis está bien... ¡lo leeré cuando lo acabes! y ya miraré qué tal la película y eso después, no me gusta poner antes las películas que los libros. Laura dice que le está gustando mucho Maus... y creo que nada más por el momento :) Buenas elecciones!

    ResponderEliminar
  2. Non só me gustou Persépolis, ENCANTOUME!!!. Xa está de volta na biblio, así que cando queras... Os únicos que me faltan por ler son Maus e V de Vendetta, así que xa me contaredes que tal van.
    Un bico

    ResponderEliminar
  3. Boas!
    Be, deixa Persépolis para outro día e concéntrate en V de Vendetta. De todas maneiras, pódese ler nunha boa tarde de lectura, aínda que eu xa levo desde o domingo para arriba e para abaixo... É que estou desfrutando coma un cosaco ;)

    ResponderEliminar
  4. Humm... no sé quién eres, pero te haré caso, de todas formas como V de Vendetta ya lo tengo yo lo leeré este fin de semana. A Persépolis le tengo ganas y además quería ver la película después, pero queda para la semana que viene :P

    ResponderEliminar
  5. Como ya te he dicho: genial V, es mi héroe, ni Bátmanes ni Spídermans ni nada :) Persépolis me está gustando (a ver si puedo acabarlo, porque la profesora de música parece que no está dispuesta...) y nada, que buenas novelas gráficas has elegido, sí señora.

    ResponderEliminar
  6. Alégrome de ter acertado. A verdade que foi unha elección un tanto egoísta, porque como eu non lera nada e tiña moita curiosidade. Vou poñerme con V, a ver se tamén se convirte no meu heroe!!

    ResponderEliminar
  7. Bueno yo es que soy muy... ¿cómo decirlo? muy así, pero sí que me ha gustado el hombre, sí. Ahora lo tiene Laura, que vio un par de dibujos y dijo que bueno, si me había gustado no podía ser malo y lo empezó hoy :) Yo estoy casi acabando Maus, pensé que iba a tardar menos, se lee lento... pero es muy bueno, estoy quedando muy contenta. Cuando lo devuelva empiezo con Persépolis! Estoy entre hacerme un blog o convencerte para que hagas un foro... porque lo de tener que andar buscando respuestas de comentarios en cada entrada porque no te pone nada de comentario nuevo y lo de tener que darle dos veces cada vez que quiero publicar un comentario... :P

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares