XUNTÁMONOS DE NOVO

O vindeiro luns día 11 de maio teremos unha nova xuntanza co grupo A do Club Merlín e amigos, para repartir a lectura deste mes "A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA"

O martes día 12 de maio quedamos os do grupo B para comentar os nosos preferidos de Banda Deseñada

ACORDÁDEVOS QUE A HORA É AS 11:00 E O LUGAR A BIBLIOTECA
VEMONOS!!!


Comentarios

  1. Boas!
    Como sei que o mundo está atravesando ultimamente un furor vampírico, eu estou aproveitando para ler Drácula:

    "Entón detívenme e mirei ao Conde. Parecíame tolear vendo a súa cara inchada sorrir con retranca. Este era o ser a quen eu axudaba a se mudar a Londres, onde, cecais, polos séculos que estaban a vir, podería, entre a multitude, saciar a súa ansia de sangue e crear un novo e crecente círculo de demos que se aproveitasen dos indefensos. Este pensamento fíxome tolear. Sobreveume un desexo terríbel de librar ao mundo dun monstro tal. Non había arma ningunha letal á man, agarrei a pa que os traballadores estiveran usando para encher as caixas e sostívena agarrada no alto preparando o golpe, co fío para abaixo, apuntando á cara odiosa. Mais cando isto fixen a cara virouse e os ollos caeron sobre min, con todo o seu ollar de horroroso basilisco. A visión paralizoume e a pa xirou na miña man e rozou o rostro, sen facer máis ca un profundo corte na fronte. A pa caeu da miña man pola caixa e mentres a recollía o fío da folla prendeu no borde dunha pálpebra, que outra vez pechou, e ocultou cousa tan horríbel da miña vista. A última imaxe que tiven foi a da cara inchada , manchada de sangue e conxelada cun aceno de maldade que conservaría até no máis profundo dos infernos."

    Brrr!!!

    ResponderEliminar
  2. Estoy deseando tener un momentito para incarle el diente! Adoro la historia del personaje, supongo que la novela hará de todo menos decepcionarme. También lo intenté con las Crónicas vampíricas de Anne Rice, esas que tienen como primer plato el idolatrado Entrevista con el vampiro. Qué poco me gustan las modas, pero cómo adoro el mundo vampírico... Muy buen fragmento, ya comentaré mis apreciaciones ;)
    Muac!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares