Club de lectura: A coroa de Napoleón

                 A coroa de Napoleón de Jaureguizar foi o relato escollido neste trimestre para o club de lectura con alumnado de 2º de ESO. Organizamos catro sesións diferentes cuns doce participantes de media por sesión. O balance que facemos é bastante positivo e cada alumno aportou un caderno de traballo como resultado de cadansúas lecturas e ademais algúns se animaron a facer o seu propio marcapáxinas.

A seguir algunhas das opinións sobre a novela:

"O que máis me gustou foi que se desenvolvera na Coruña porque menciona lugares que coñezo e isto fai que a historia me pareza máis real" (J. Carlos R.G.)

"É un libro que recolle varias cousas: diversión, entretenimento e cultura, xa que se pode aprender que ocorreu na cidade da Coruña cando chegaron as tropas de Napoleón e que pasou alí" (Paula R.)

"O que máis me gustou do libro foron os personaxes. Sen embargo o final resulta moi previsible" (Ezequiel D.G.)

"O libro en xeral gustoume porque ten misterio e intriga, aínda que o feito de que descubra tan pronto ó autor do roubo réstalle emoción" (Ismael B.R.)

"Un rapaz que quere semellarse ó seu pai, soña ser como el, un intrépido reporteiro. Moi namoradizo, deixase guiar polos consellos do seu padrasto. A todos os nenos nos gusta pensar que dentro de nós hai un heroe"  (SorayaV.M.)

"Na miña opinión o libro é moi interesante e divertido. Gústanme as historias de aventuras como esta e a valentía de Tintimán. O personaxe que máis me gustou foi Mónica dado que sempre está preocupada por Tintimán e encargábase de coidar del a pesar dos seus desprezos. gustoume tamén moito o final, porque non mo esperaba" (Alba R.)

Comentarios

Publicacións populares