#8MWirtz: Compartindo coa Biblioteca do Forum!!
![]() |
Torneo dos 3 Meigos 19/20 |
Neste curso a proposta xira arredor do Día da Muller e as actividades son ben interesantes!!
Co alumnado de 1º e 2º da ESO levarase a cabo un encontro virtual de animación a lectura para dar visibilidade a materiais bibliográficos de interese e concienciación do noso alumnado. Faremos a nosa contribución recollendo publicacións (debuxos, cartaces, poemas, frases, imaxes...) que fagan referencia a esta data baixo o cancelo #8MWirtz, tanto neste blog como no Instagram @ies_wirtz.
Co alumnado de 3º da ESO traballarase a formación ALFIN e aprenderán a facer unha boa lectura dun cómic! Se queredes coñecer cales foron os seleccionados podedes atopar unha reseña de cada un deles no blog fancómic para ir facendo ganas!
Todas as actividades serán compartidas no noso blog, on instagram e tamén nas páxinas da biblioteca municipal Fancómic e Corto e cambio. Seguídenos a pista!!
Comentarios
Publicar un comentario