21 de febreiro:Día da Lingua Materna

 




O día internacional da Lingua Materna, foi proclamado pola UNESCO no 1999,  e celébrase anualmente o 21 de febreiro dende o ano do 2002,  co obxectivo de promover a diversidade lingüística e cultural.

A diversidade lingüística atópase ameazada: cada dúas semanas, de media, unha lingua desaparece, e con ela desaparece todo un patrimonio cultural e intelectual.

É a nosa obriga conservar sociedades multilingües e multiculturais, para transmitir e preservar os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible.

Comentarios

Publicacións populares